lunes, 4 de mayo de 2009

WATER BROS PRODUCCIÓNS

Gostaríanos animar a calquera estradense que teña algo que mostrar, sexa do ámbito artístico ou cultural que sexa, que se poña en contacto con este blog. Músicos, fotógrafos, Graffiteiros, DJ´s, poetas, escultores, artistas gráficos..... Queremos saber de vos, axudarvos no que poidamos, e tentar entre todos que o voso traballo teña máis visibilidade.

No campo do audiovisual, realmente é unha enorme alegría poder contar aquí que hai un grupo de mozos na Estrada traballando dun xeito realmente moi imaxinativo, con sentido do humor e talento narrativo para o thriller, na creación de curtametraxes. Trátase do grupo Water Bros que xa ten circulando dende hai tempo na rede os seus primeiros traballos, con títulos tan atraíntes como

"Outra vella no millo"
"Colleunos a noite"
e a secuela
"Outra vella no millo 2"

Podedes visitar a súa web en:

http://waterbros.unlugar.com/

Añadilos ao Messenger en:

waterbrosproducions@hotmail.com

E tamén localizalos no Tuenti.


2 comentarios:

  1. A verdade e que da gusto, ver estas cousas na paxina cultural da estrada.
    Ai que aprecia-lo que temos o lado da casa, non fai falta ir fora, se calidade e talento temolo na casa!
    E os amigos da Water Bros teñeno, vaia se o teñen, faltelle ese empuxon, ese apoio institucional, que lle axude a seguir medrando, porque a ver cantos concellos poden presumir de ter unha productora?
    jeje
    Moito animo!

    ResponderEliminar
  2. Si señor cos amigos da Water Bros, a seguir traballando a reo e facéndonos rir un pouco. As recompensas chegarán...moito ánimo.

    ResponderEliminar