Só. No camiño. Carlos Blanco afronta un novo reto: falar do Camiño. Con Humor: A onde van os peregrinos de medio mundo a toda velocidade? Que présa teñen? Que fan as capelas do Camiño pechadas se a restauración das mesmas se fai con cartos de todos? Por que hai tanto lixo nas cunetas? Hai sexo no camiño? Que entendemos polo "Camiño do Francés"? Cantos/as fan o Camiño por fe ou inquedanzas relixiosas? É o camiño a Fisterra un "bis" do de Compostela? Prisciliano ou o Apóstolo Santiago? Estas e outras preguntas quedarán novamente sen resposta, pero habemos botar unhas risas, claro, porque o Camiño de Santiago pode ter tantas lecturas coma posibilidades hai de facelo. Existen servizos de traslado de mochilas. Hai viaxeiros VIP, naturalmente, e excelentes casas de turismo rural ao dispor dos/as viaxeiras. De todo iso fala Só. Un percorrido que remata en Compostela (ou en Fisterra, se o público quere). Un campo de estrelas, un diálogo aberto con outros mundos, unha homenaxe ao Mestre Gila, un espazo de liberdade e creatividade para tempos incertos. Todo iso e máis é "Só". Humor e hip hop, rutas satánicas e carballeiras, atascos e dores de pernas, bicicletas e pintadas. E a hostalería. Sempre. Todo iso é "Só". Un espectáculo imprescindible para este Xacobeo, unha visión nova de algo eterno. O/Os Camiños a Compostela. |
miércoles, 13 de octubre de 2010
CARLOS BLANCO: SÓ
"SÓ"
De Carlos Blanco
DÍA 16 DE OUTUBRO
ENTRADA: 10 €
TEATRO PRINCIPAL
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
¿As entradas podense atopar no departamento de Cultura coma de costume?
ResponderEliminarpor fin...
ResponderEliminar