jueves, 22 de enero de 2009

NANCHO NOVO ABRE A TEMPADA TEATRAL


Comezamos este venres día 30 (21:30 horas) a programación deste semestre cun dos seus pratos fortes. O que protagoniza o extraordinario actor Nancho Novo co seu novo monólogo "Sobre flores y cerdos (Más Nancho que largo)" no que plantexa unha reflexión cómica, sobre o mundo da parella co seu particular estilo, que define como Guarromántico. Trátase dun espectáculo orixinal, diferente, que utiliza como nexo conductor do seu monólogo a poesía, as cancións.....conseguindo facer rir dende o principio ata o final con esa cercanía e ese contacto co público que caracteriza a Nancho, e ese humor seu tan sarcástico e agudo. As entradas estarán á venda a un prezo de 10 € na taquilla do Teatro Principal, unha hora antes da función.

Nos enlace que seguen, tedes un dossier moito máis completo sobre a obra, así como a súa carreira. Déixovos tamén enlaces á súa páxina persoal e ao seu blog, así como un pequeno trailer da obra en youtube:

4 comentarios:

  1. Ola , ola!.
    Está moi ben iso de que veña Nancho Novo pero sería perfecto se no artigo incluirades data, lugar e hora do evento.
    Graciñas anticipadas.

    ResponderEliminar
  2. ¿As entradas pódense coller de forma anticipada? ¿A que hora abren as taquillas? Gracias.

    ResponderEliminar
  3. As entradas aínda se poden coller anticipadas durante a mañá do venres. En calquera caso, a taquilla abre unha hora antes da función

    ResponderEliminar