martes, 27 de enero de 2009

ANIMALES ARTIFICIALES (6-2-09.21:30 h.)

Matarile Teatro non é xa soamente a mellor compañía de teatro xurdido neste país, senón que, espectáculo a espectáculo, estase a sinalar nas miradas de crítica e público, como un dos rexeneradores do panorama teatral europeo. Hai como un constante avance exploratorio nas posibilidades expresivas do xénero humano, como un laboratorio que experimenta sen cesar sobre a comunicación, sobre a nosa relación cos demais e con nos mesmos, nun ton case sempre irónico e mesmo cómico, no que as experiencias individuais dos actores, a súa profunda individualidade constrúen unha arquitectura invisible, que semella achegarse á total naturalidade, á visión do real sen arteficios.

Matarile é coñecida pola súa capacidade de crear extraordinarias imaxes escénicas, case máis propias pola súa singular construción e beleza e o seu carácter onírico do linguaxe cinematográfico que do teatro, e nesta obra, como nas anteriores, preséntannos momentos absolutamente dunha intensa emoción para os sentidos, que deixan sen palabras, atónitos, nos que a linguaxe dos corpos, o texto, a luz, a música, conforman un universo no sentido estrito do termo, latente, vivo e único.

Este espectáculo, está co producido polo Festival Internacional de Teatro de Málaga e o Teatro Fernán Gómez/Centro de Arte de Madrid, (o que era o antigo Centro Cultural de la Villa), un dos proxectos máis emblemáticos de Alberto Ruíz Gallardón, representándose alí no pasado mes de maio. Igualmente o anterior foi producido polo Teatro de la Abadía de José Luis Gómez, facendo tempada tamén neste fermosísimo espazo madrileño. Incriblemente, a pesares de ser a única compañía realmente capaz de cruzar as nosas fronteiras sen apoios públicos, habitual dos mellores festivais de teatro e dos espazos con máis vocación de innovación, ou quizais precisamente por iso, as posibilidades de disfrutar en Galicia do teatro de Matarile non son moi numerosas, por non dicir apenas nulas. Tras o peche da Sala Galán, auténtico illote de creatividade, independencia, transgresión e innovación, esquecido e mesmo sabotado polas altas instancias que rexen tan exitosamente o teatro e a cultura en Galicia, non parece que o feito de exiliar ao grupo de máis talento sexa motivo de ningunha meditación. Sen embargo, os amantes da beleza pura, da reflexión, do sentido do humor, da auto parodia, do espectáculo de homes e mulleres exhibindo a súa humanidade en corpos e palabras, poden achegarse o venres, 6 de febreiro ao Teatro Principal. A entrada custará 5 euros. Que vostedes o disfruten.



  • Críticas e Reseñas:

No hay comentarios:

Publicar un comentario