martes, 27 de enero de 2009

ANIMALES ARTIFICIALES (6-2-09.21:30 h.)

Matarile Teatro non é xa soamente a mellor compañía de teatro xurdido neste país, senón que, espectáculo a espectáculo, estase a sinalar nas miradas de crítica e público, como un dos rexeneradores do panorama teatral europeo. Hai como un constante avance exploratorio nas posibilidades expresivas do xénero humano, como un laboratorio que experimenta sen cesar sobre a comunicación, sobre a nosa relación cos demais e con nos mesmos, nun ton case sempre irónico e mesmo cómico, no que as experiencias individuais dos actores, a súa profunda individualidade constrúen unha arquitectura invisible, que semella achegarse á total naturalidade, á visión do real sen arteficios.

Matarile é coñecida pola súa capacidade de crear extraordinarias imaxes escénicas, case máis propias pola súa singular construción e beleza e o seu carácter onírico do linguaxe cinematográfico que do teatro, e nesta obra, como nas anteriores, preséntannos momentos absolutamente dunha intensa emoción para os sentidos, que deixan sen palabras, atónitos, nos que a linguaxe dos corpos, o texto, a luz, a música, conforman un universo no sentido estrito do termo, latente, vivo e único.

Este espectáculo, está co producido polo Festival Internacional de Teatro de Málaga e o Teatro Fernán Gómez/Centro de Arte de Madrid, (o que era o antigo Centro Cultural de la Villa), un dos proxectos máis emblemáticos de Alberto Ruíz Gallardón, representándose alí no pasado mes de maio. Igualmente o anterior foi producido polo Teatro de la Abadía de José Luis Gómez, facendo tempada tamén neste fermosísimo espazo madrileño. Incriblemente, a pesares de ser a única compañía realmente capaz de cruzar as nosas fronteiras sen apoios públicos, habitual dos mellores festivais de teatro e dos espazos con máis vocación de innovación, ou quizais precisamente por iso, as posibilidades de disfrutar en Galicia do teatro de Matarile non son moi numerosas, por non dicir apenas nulas. Tras o peche da Sala Galán, auténtico illote de creatividade, independencia, transgresión e innovación, esquecido e mesmo sabotado polas altas instancias que rexen tan exitosamente o teatro e a cultura en Galicia, non parece que o feito de exiliar ao grupo de máis talento sexa motivo de ningunha meditación. Sen embargo, os amantes da beleza pura, da reflexión, do sentido do humor, da auto parodia, do espectáculo de homes e mulleres exhibindo a súa humanidade en corpos e palabras, poden achegarse o venres, 6 de febreiro ao Teatro Principal. A entrada custará 5 euros. Que vostedes o disfruten.



  • Críticas e Reseñas:

jueves, 22 de enero de 2009

NANCHO NOVO ABRE A TEMPADA TEATRAL


Comezamos este venres día 30 (21:30 horas) a programación deste semestre cun dos seus pratos fortes. O que protagoniza o extraordinario actor Nancho Novo co seu novo monólogo "Sobre flores y cerdos (Más Nancho que largo)" no que plantexa unha reflexión cómica, sobre o mundo da parella co seu particular estilo, que define como Guarromántico. Trátase dun espectáculo orixinal, diferente, que utiliza como nexo conductor do seu monólogo a poesía, as cancións.....conseguindo facer rir dende o principio ata o final con esa cercanía e ese contacto co público que caracteriza a Nancho, e ese humor seu tan sarcástico e agudo. As entradas estarán á venda a un prezo de 10 € na taquilla do Teatro Principal, unha hora antes da función.

Nos enlace que seguen, tedes un dossier moito máis completo sobre a obra, así como a súa carreira. Déixovos tamén enlaces á súa páxina persoal e ao seu blog, así como un pequeno trailer da obra en youtube:

martes, 20 de enero de 2009

ESTREA DO FILM "FRÍO"


Este sábado ás 21:30 h. estrease no Teatro Principal a película "Frío", protagonizada polo noso veciño Xoque Carvajal xunto a Tzeitel Rodríguez e na que tamén participa o actor estradense Martín Sánchez. A película é un drama policial dirixido por Román Gutierrez que a pasada semana se estreou en 60 concellos de Galicia simultaneamente, pero que reservou esta data para A Estrada pola relación especial que teñen os actores coa vila. A entrada será gratuita e asistirán a ela o plantel de actores ao completo, así como o seu director.

jueves, 8 de enero de 2009

FOTOS DE CARPACTIVA


BENVIDOS A CARPACTIVA!!!!

DIVERSIÓN PARA TODOS OS PÚBLICOS

PETER PUNK E O SEU AXUDANTE
FRAN CAMPOS GUITAR HERO
ROI SIXTO EN PLENA ACTUACIÓN


miércoles, 7 de enero de 2009

CARPACTIVA

CARPACTIVA é unha xira de circo itinerante polas parroquias da Estrada. Trátase de afondar máis no desexo do Departamento de Cultura de descentralizar a programación cultural e non esquecer á poboación do medio rural das propostas de actividade. Nesta primeira fase programáronse un total de 18 actuacións seguindo criterios xeográficos, de infraestruturas, poboacionais, etc. Pero a intención é que sexa un programa aberto e dinámico, que chegue ata cada poboación do concello e que continúe medrando para ofrecer no futuro máis alternativas de ocio e cultura no medio rural. Ata o día de hoxe, a afluencia de público está facendo pequena a carpa de circo que se instala e calculamos que cando remate a actividade serán preto de 1500 persoas as que teñan disfrutado deste espectáculo novedoso de humor e malabares. Aquí deixamos algúns links do tratamento nalgúns medios de comunicación. Se algún de vos asistiu como público, ¡agardamos os vosos comentarios!


http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Luar/posible/elpepuespgal/20081222elpgal_18/Tes
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idNoticia=372514
http://www.artezblai.com/artezblai/article.php?sid=7432&mode=thread&order=0&thold=0

MÚSICA CLÁSICA EN XANEIRO

O Departamento de Cultura, como xa ven sendo habitual, inicia o ano cun ciclo de música clásica no Teatro Principal que tenta recoller a distintas sensibilidades tanto de grupos consagrados como do talento de novos intérpretes. Todas as actuacións son ás 21:30 horas e o coste da entrada é de 3 €.
  • 2 de xaneiro: Cuarteto de corda "Saiva Nova"
  • 9 de xaneiro: Grupo de música antiga 1500: "AMOR E DANZA NA EUROPA DAS NACIÓNS" (unha viaxe musical de ida e volta dende a Península Ibérica pola Europa do Renacemento
  • 16 de xaneiro: Grupo Ensemble Vigo 430: "AS CATRO ESTACIÓNS"
  • 23 de xaneiro: Quinteto Pentafonía