miércoles, 7 de enero de 2009

CARPACTIVA

CARPACTIVA é unha xira de circo itinerante polas parroquias da Estrada. Trátase de afondar máis no desexo do Departamento de Cultura de descentralizar a programación cultural e non esquecer á poboación do medio rural das propostas de actividade. Nesta primeira fase programáronse un total de 18 actuacións seguindo criterios xeográficos, de infraestruturas, poboacionais, etc. Pero a intención é que sexa un programa aberto e dinámico, que chegue ata cada poboación do concello e que continúe medrando para ofrecer no futuro máis alternativas de ocio e cultura no medio rural. Ata o día de hoxe, a afluencia de público está facendo pequena a carpa de circo que se instala e calculamos que cando remate a actividade serán preto de 1500 persoas as que teñan disfrutado deste espectáculo novedoso de humor e malabares. Aquí deixamos algúns links do tratamento nalgúns medios de comunicación. Se algún de vos asistiu como público, ¡agardamos os vosos comentarios!


http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Luar/posible/elpepuespgal/20081222elpgal_18/Tes
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idNoticia=372514
http://www.artezblai.com/artezblai/article.php?sid=7432&mode=thread&order=0&thold=0

1 comentario:

  1. xenial. felicidades por esta iniciativa. co desexo de que continue e siga rodando polo resto do concello.

    pasámolo moi ben en Arca co Padre Merino e Roi O Cagabolas.

    saudos

    ResponderEliminar